Día de Todos os Santos e Día de Defuntos



Durante o ano celebramos a festa de moitos santos famosos: San Andrés, Santa Cecilia ou San Miguel.

Tamén adicamos un día as nosas santas preferidas: Santa Magdalena Sofía Barat e Santa Rosa Filipina Duchesne.

No calendario hai moitísimos santos máis, por iso, houbo que poñer un día para todas esas persoas boas que están no ceo.

Tamén nestas datas lembramos aos que non están e imos ao camposanto para rendirlles unha homenaxe aos nosos defuntos. Aprendemos o significado da frase "descanse en paz".

Na clase fixemos postes de ósos de santo e bolos de vento. Na área de lingua fixemos un recopilatorio de lendas e contos de medo tradicionais. Interesounos moito o da Santa Compaña e dounos moito medooooo!

Comentarios