Menú do Samaín



Presentámosvos nesta entrada a nosa proposta terrorífica  para celebrar o banquete do Samaín: o pan-momia e o refrescante cóctel Frankestein.

Para facer o pan-monia prepara:
  • Pan de molde
  • Xamón cocido
  • Queixo
  • Salsa de tomate
  • Olivas negras ou verdes

Así se fai: 
Unta unha rebanada de pan de molde coa salsa de tomate, pon enriba unha loncha de xamón cocido e cortaa a metade. 
Faille os ollos con dous anacos de olivas. 
Corta o queixo en tiras e disponas entrecruzadas sobre o xamón.
Se queres tomalas quentiñas pásaas polo microhondas pero non te excedas para que non se derreta o queixo.







  


 



 



Para realizar o cóctel Frankestein precisas:
  • 600 ml de auga
  • 3 kiwis
  • 100 gramos de azucre
  • 1 sobre de xelatina de froitas ou limón
  • Marmelada de amorodo
Para facelo tes que pelar e cortar en anacos os kiwis e batelos xunto co azucre cunha batidora. 
Por outra banda tes que preparar a xelatina: pon un cazo con 250 ml de auga ao lume e cando ferva valeira a xelatina sen deixar de remover. 
Retira do lume e engande 350 ml de auga fría. 
Mestura as dúas preparacións, remove e deixar arrefriar na neveira. 
Para servilo  mancha o bordo do vaso coa marmelada para darlle una aspecto máis sangrento.









  
  



BO PROVEITO!

BO SAMAÍN!



Comentarios