Xogos Populares II

Na segunda sesión de práctica de xogos populares, os alumnos/as das aulas Amarela e Laranxa disfrutamos coa "Corda", o "Escondite Inglés" e "Polis e cacos".
Comezamos facendo os equipos de "Polis e cacos". Os polis levaban postos uns petos identificativos e tiveron que correr moitísimo porque desta volta xogamos no ximnasio do cole e os cacos escaparon moi ben . Ao atrapar o ladrón levávase ao cárcere (as colchonetas). A partida remataba ao pillar a todos os compoñentes. Intercambiando os roles fomos xogando varias partidas.







De seguido xogamos ao "Escondite inglés", quedando un xogador apoiado na parede cantando "Escondite inglés, sen mover as mans nin os pés, 1,2,3" mentres os demáis avanzaban e paraban como estatuas ao oir a conta. Ao tocar ao xogador que canta remata o xogo. Foi moi difícil para os nenos/as quedar parados ou conxelados cando tocaba, gústalles moito máis correr.



Para rematar xogamos coa "Corda", primeiro de xeito individual e logo cunha corda grande xogamos a saltar de diferentes xeitos todos xuntos.


                           




Foi unha xornada moi divertida e esgotadora.

Comentarios