Máis xogos populares III

                                    

As aulas Amarela e Laranxa seguimos a practicar e a disfrutar cos xogos de toda a vida, os xogos populares.
Nesta xornada xogamos co paracaídas, que ven sendo o xogo das mantas de sempre. Xogamos cunha pelota enriba del,  a desaparecer... pero o que máis lles gustou foi  taparse e destaparse.


 Dias atrás xogamos co papaventos. Que fermoso foi ver como o vento tolo de Placeres facía mil bailes con el! Todos voaron a cometa un a un e despois xogaron a pillar os seus rabos. Foi moi divertido!





Tamén nestes días xogamos as canicas. Aínda que os nenos/as son ben pequenos/as, foron quen de movelas polo patio de area. Todo un xogo de atención e precisión!




Comentarios