Preparando marmelo!

Comezamos un novo curso e tamén arranca o obradoiro sensorial desenvolvido polas aulas Vermella, Amarela e Laranxa.
O venres 5 de outubro preparamos e degustamos marmelo.
Comenzamos indo a horta onde "máxicamente" atopamos tres marmelos debaixo dunha árbore. Lavámolos, cortámolos e derretímolos. Engadimos azucre e, revolvendo, acadamos unha boa textura.
Para degustalo acompañámolo dunha tosta de pan.

O obradoiro é un espazo estupendo para compartir, aprender e sentir.

Para que disfrutedes connosco imos compartir no noso-voso blog estas experiencias.
Ata pronto!


 


Comentarios