Repoboando Monte Pituco

O pasado venres 27  as aulas Verde e Azul participamos nun proxecto de repoboación do Monte Pituco cos compañeiros de 1°ESO e alumnos da Escola de Forestais. Esta actividade, organizada por alumnos de Forestias e a Comunidade de Montes de Lourizán, está dentro da programación de Voz Natura. 

Sorveiras, bidueiros, carballos, salgueiros, cerdeiras, freixos, ameneiros, faias e cerquiños foron algunhas das árbores que forman parte da nova senda. Cada unha leva un pequeno cartel no que figura o seu nome científico, o nome en galego e o do alumn@ que a plantou e que previamente gravamos no laboratorio co pirogravador e as indicacións de Fernando.

Lucas e Iván foron os encargados das explicacións  e de guiarnos durante a ruta.

Velaquí  unha mostra fotográfica do día. Saúdos



Comentarios