Xogos populares

No obradoiro sensorial os nenos e nenas das aulas Amarela e Laranxa estamos a disfrutar  moitísmo practicando xogos populares, os xogos de toda a vida.
Estes xogos que entreteñen tanto a cativos como a adultos serven para aprender, coñecernos, sentirnos parte dun grupo...


Nesta primeira sesión xogamos A PITA CEGA  e O PANO.
Na pita cega os xogadores forman un corro e dentro del sitúase un neno cos ollos tapados cun pano. Comezan a xirar mentres cantan unha rima. Ao rematar a canción o xogador que é a pita cega pilla a un neno do corno e deberá identificalo tocándoo. Así o pillado convértese na pita e o xogo volve a comezar.


Logo xogamos ao pano, que é un xogo de dous equipos. A profe Olga como xuiza situada na liña central do campo co pano na man, berra o nome dos xogadores, un de cada equipo, que correrán a coller o pano e liscarán  a toda presa para chegar a liña do seu equipo antes de ser pillado polo outro xogador. 




Comentarios