Comezamos!


Chega setembro e, con el, a volta ao cole!
As aulas énchense de alumnos e alumnas, uns veteranos e outros novos,  estreamos uniforme, compramos cadernos e lapis de cores, e metemos na mochila moitas ganas de aprender e de desfrutar na escola cos mestres e cos compañeiros/as.

Non todos chegamos nas mesmas condicións: nervos, ilusión ou cansazo determinan o comezo de curso pero todos compartimos un mesmo desexo: bos momentos e liberdade para amar e soñar.

Como xa sabedes, podedes visitar este blogue e adentrarvos por uns intres nas aulas de cores. 

Gracias unha vez máis por acompañarnos!

Benvidos e feliz curso 2019-2020.

Comentarios