Tempo de castañas


Xa entrado o mes de Santos, preparámonos para celebrar outra tradición galega, o Magosto, na que non pode faltar, como xa é habitual, algún produto para xantar. Nesta ocasión "tócalles" as castañas, un delicioso froito seco moi versátil na cociña, xa que se pode preparar de moitas maneiras.

Na Aula de Transición decidímonos por unha Torta de Castañas, moi sinxela de facer e cunha textura e sabor moi agradable. Ahí vai a receita:

Ingredentes:

Para a base:

  • 150g de galletas
  • 100g de manteiga
Para o biscoito:
  • 150g castañas cocidas
  • 4 ovos
  • 150g de queixo crema 
  • 1 iogur natural sen azucre
  • 1 sobre de levadura en pó
  • 1 medida de iogur de leite
  • 1 medida de iogur de aceite de xirasol
  • 2 medidas de iogur de azucre
  • 4 medidas de iogur de fariña
Para decorar:
  • azucre glasé
  • castañas
  • menta

En primeiro lugar preparamos a base: trituramos as galletas e mezclámolas coa manteiga derretida. Cubrímola base do molde e refrixeramos uns 15 minutos.















Cocemos as castañas, cun corte, uns 10 minutos. Deixamos enfriar e pelamos.








Nun bol poñemos os ovos, o queixo crema, o iogur, o leite, o aceite, o azucre, a fariña, a levadura e as castañas peladas. Batemos ben e vertemos no molde. Forneamos 35 minutos a 180º, co forno xa quente. Apagamos e deixamos uns 20 minutos máis para que non baixe de golpe.

 

 






 
  






Decoramos espolvoreando o azucre glasé e poñendo unhas castañas e a menta.

  


Bo proveito!


Este venres festexamos o Magosto no cole organizado pola ANPA. Nas aulas decoramos uns envases e caixas e xa no patio degustamos castañas asadas quentiñas e refrescámonos cunha bebida, agasallo da ANPA.
Castañas asadas, que ricas que están!
GRACIAS ANPA!





 









 







  














Comentarios