Unha de Samaín, por favor!


Para despedir o mes de outubro e festexar o Samaín cociñamos xuntos unhas receitas. Nesta ocasión invitámosvos a merendar unhas tortas de millo terroríficas e un cóctel sanguento. 

Tomade papel e lapis e anotade os ingredientes:

Para a torta terrorífica: tortas de millo, queixo e xamón de york.

Para a bebida refrescante: iogur líquido, arandos, framboesas, melón (boliñas para os ollos) e marmelada de amorodos.

Trátase dun menú sinxelo pero delicioso. Animádevos a facelo.

Bo Samaín!


Comentarios