Os días 15 e 16 de xuño, o alumnado das aulas Verde e Azul desfrutan dunha convivencia como despedida deste curso.
Despois de comer todos xuntos achéganse a praia da Posta para gozar da auga e da area. Recupéranse cun refresco na de Zoila e xa pola noite organizan unha sesión de cinema no salón. Á mañá seguinte asisten como público ao concerto de música impartido polos compañeiros e compañeiras de 2º e 3º ESO. Como remate comparten xogos no patio.
Sen dúbida, unha xornada chea de moitas risas e momentos compartidos.
ME ENCANTO LA ACAMPADA LO PASARON GENIAL.
ResponderEliminar