O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. A aula Azul non podía ser menos, e participou nos actos organizados na escola.
Na clase fixeron unha pomba en papiroflexia e recordaron a historia de Wangari Muta Mathaai, política e ecoloxista keniana que recibiu o premio Nobel da Paz no 2004 pola "súa contribución ao desenvolvemento sostible, á democracia e á paz". Debuxaron tamén a súas árbores de paz e compartiron a lectura do conto "Wangari y los árboles de la paz".
Inspirados no Movemento Cinturón Verde, asociación que fundou en 1977 e coa que reforestou África durante anos, plantaron unha árbore de té no xardín.
Feliz día da paz!
Comentarios
Publicar un comentario