Easter egg hunt

O alumnado das aulas Vermella e Laranxa celebran a Pascua cunha das tradicionais celebracións inglesas: a búsqueda de ovos de chocolate polo bosque do centro.

Trátase dunha actividade que se ven facendo nos colexios de Reino Unido dende 1800 para festexar a chegada do bo tempo. 

Forma parte xa da súa cultura, ata o punto que se celebra tamén en familia cunha pequena adaptación: dentro da casa ou no xardín, con ovos de plástico ou de verdade decorados. O premio: un ovo de chocolate para o rapaz/a que atope máis exemplares. 

Nestas fotografías podedes ver a divertida e doce xornada:




















Comentarios