O pasado venres 27 as aulas Verde e Azul participamos nun proxecto de repoboación do Monte Pituco cos compañeiros de 1°ESO e alumnos da Escola de Forestais. Esta actividade, organizada por alumnos de Forestias e a Comunidade de Montes de Lourizán, está dentro da programación de Voz Natura.
Sorveiras, bidueiros, carballos, salgueiros, cerdeiras, freixos, ameneiros, faias e cerquiños foron algunhas das árbores que forman parte da nova senda. Cada unha leva un pequeno cartel no que figura o seu nome científico, o nome en galego e o do alumn@ que a plantou e que previamente gravamos no laboratorio co pirogravador e as indicacións de Fernando.
Lucas e Iván foron os encargados das explicacións e de guiarnos durante a ruta.
Velaquí unha mostra fotográfica do día. Saúdos
Comentarios
Publicar un comentario