O uso do xogo para traballar os contidos da Pascua é moi importante porque o alumnado aprende mellor xogando. O xogo fai que a rapazada estea máis motivada , polo que prestan máis atención. O alumnado da aula Vermella, a través de actividades como a procura de ovos, a montaxe de figuras, o coloreado, a manipulación, os cantos, os pequenos teatros, as asociacións e clasificacións, etc. coñceron os elementos da Pascua, ovos, coello e tradicións, dunha forma divertida. Ademais, xogando os nenos e nenas: Aprenden facendo , non só escoitando. Melloran a linguaxe , ao compartir e interactuar cos compañeiros/as e mestra. Desenvolven a súa imaxinación e creatividade, con pequenas guías e modelos. Aprenden a relacionarse , respectar quendas e colaborar. Tamén é importante porque o xogo axúdalles a e ntender mellor o que ven na súa contorna , conectando o que aprenden na aula co que viven na casa ou na súa contorna. En resumo, o xogo é a mellor forma de ensinar nestas idade...
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones