
O alumnado das aulas Vermella e Laranxa visita "O Casal Equitación", un centro de terapia equina para gozar dunha xornada cos compañeiros/as e cos animais, tratados dende unha filosofía respectuosa, baseada na doma natural, o traballo a pé de terra e unha relación respectuosa cos equinos.
Nesta actividade trabállanse múltiples obxectivos que contribúen ao desenvolvemento integral do neno/a, combinando o contacto coa natureza, o vínculo co animal e actividades adaptadas ás súas capacidades.
Entre os principais beneficios destaca a mellora da psicomotricidade, o desenvolvementop emocional, as habilidades socias e comunicativas e as capacidades de atención, concentración e comprensión de instrucións.
Nunha primeira toma de contacto acariñan e alimentan aos animais da Granxa de Fina: as cabras Bimba e Lola, o coello Manchitas, a ovella Cariñosa e a Mike o can futbolista, co que Miguel e Ale xogan un rifado partido.



Despois peitean aos cabalos, axudan a ensillalos colocando o suadoiro e a montura e lévanos ata a pista para a monta, na que, ademais do paseo, realizan diferentes xogos.
Comentarios
Publicar un comentario