Receitas de Entroido

O alumnado das aulas Amarela e Azul dannos a receita para elaborar unhas deliciosas filloas neste tempo de Entroido.

Para preparar o amoado verten e baten os ovos nun recipiente.

Engaden a fariña, o azucre e o leite e mesturan ben. 

Deixan repousar a masa un tempo mentres preparan os útiles necesarios para cociñar e poñen a mesa.

Diríxense á prancha para facer a sobremesa dunha en unha.



Xa están listas! 

Algúns queren acompañalas de chocolate, sirope ou marmelada para degustar unhas ricas filloas do amor e a amizade.




Bo proveito!





Comentarios