Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Síndrome de Down, una condición xenética que afecta a 1 de cada 1000 persoas no mundo.
Esta data, aprobada pola Asamblea General en decembro de 2011 facendo un guiño á trisomía do par cromosómico 21 afectado (21/03), a ONU pretende xerar maior conciencia pública sobre o tema, resaltando a súa dignidade, a súa valía, a súa contribución á sociedade e a súa autonomía e independencia individual.
Son obxectivos prioritarios a investigación, o acceso adecuado á atención en temas de saúde, os programas de atención temperá e a ensinanza inclusiva.
"Juntos contra la soledad" é o lema deste ano e persegue senbililizar sobre cómo a soidade afecta de forma desproporcionada ás persoas con Síndrome de Down e as súas familias.
Non se trata só dun sentimento, senón dun problema grave de saúde que pode provocar depresión, ansiedade e lesións físicas, vencelladas á estigma e a exclusión social.
A campaña avoga por unha inclusión real nas escolas, nos lugares de traballo e na comunidade, porque "estar presente" ou "estar en" non equivale a estar incluido.
Que este soño se cumpra está nas nosas mans, creando espazos acolledores e relacións significativas que senten as bases para que as persoas con Síndrome de Down se sintan parte activa da sociedade, tal como se recolle na Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (Nova York, 13 de decembro de 2006).
Na cidade de Pontevedra, varios edificios e institucións tinguiranse de azul e amarelo como apoio á campaña: Pazo Provincial (Sede da Deputación de Pontevedra), Concello de Pontevedra e os edificos da Xunta.
A título individual podes amosar o teu compromiso e apoiar a mensaxe de que ser único é valioso usando calcetíns desaparexados.



Comentarios
Publicar un comentario