Pola igualdade!

Alumnado das aulas Amarela e Azul investigan a biografía de mulleres referentes en España en distintos ámbitos, como a ciencia, a cultura, o deporte, a política ou a educación, con motivo do Día Internacional da Muller, que se festexará o vindeiro domingo 8 de marzo. 

A través deste traballo, descobren as traxectorias de mulleres galegas como Rosalía de Casto, Emilia Pardo Bazán,  María Pita, Verónica Boquete, Lucía Freitas ou Purificación García, que contribuíron ao progreso social e cultural do noso país, superando barreiras e abrindo o camiño para as xeracións futuras.

Feliz día da Muller!

















Comentarios