- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
O uso do xogo para traballar os contidos da Pascua é moi importante porque o alumnado aprende mellor xogando.
O xogo fai que a rapazada estea máis motivada, polo que prestan máis atención.
O alumnado da aula Vermella, a través de actividades como a procura de ovos, a montaxe de figuras, o coloreado, a manipulación, os cantos, os pequenos teatros, as asociacións e clasificacións, etc. coñceron os elementos da Pascua, ovos, coello e tradicións, dunha forma divertida.
Ademais, xogando os nenos e nenas:
- Aprenden facendo, non só escoitando.
- Melloran a linguaxe, ao compartir e interactuar cos compañeiros/as e mestra.
- Desenvolven a súa imaxinación e creatividade, con pequenas guías e modelos.
- Aprenden a relacionarse, respectar quendas e colaborar.
Tamén é importante porque o xogo axúdalles a entender mellor o que ven na súa contorna, conectando o que aprenden na aula co que viven na casa ou na súa contorna.
En resumo, o xogo é a mellor forma de ensinar nestas idades, porque converte a aprendizaxe en algo natural, divertido e significativo para eles/elas.
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones







.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario