#MenosJuiciosMásApoyos

Menos xuizos, máis apoios,  lema deste 2026 para celebrar este 2 de abril o Día Mundial do Autismo.

A campaña persegue concienciar á sociedade a non deixarse levar por xuízos rápidos ante o comportamento diferente dalgunha persoa en situacións cotiás.

No canto de “sentenciar” que alguén é borde, pesado, esaxerado ou maleducado, propón deterse a pensar que, detrás dun comportamento que non nos encaixa ou que non se axusta ás nosas expectativas, pode haber unha persoa autista que precisa o noso apoio e a nosa comprensión para afrontar unha situación que lle xera malestar ou que, simplemente, non sabe xestionar.



Dende a Confederación Autismo España defenden un manifesto polos seus dereitos e a súa inclusión no que reclaman a visibilidade das persoas con autismo: Not invisible!

🔊Contar coas persoas con autismo.

🔊Maior sensibilización e loita contra a desinformación.

🔊Apoios ao longo de todo o ciclo vital.

🔊Apoios en educación e emprego.

🔊Promoción da accesibilidade e a  mobilidade.

Se premes no seguinte vínculo accedes ao vídeo promocional da campaña, protagonizado por Tomás, Nico e Violeta, persoas con Autismo de diferentes idades.

https://youtu.be/eOYDX8j1cok


Para conmemorar esta data, milleiros de edificios e monumentos de todo o mundo ilumínanse de azul o 2 de abril como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con autismo e as súas familias.

Deste xeito, súmanse á iniciativa Light It Up Blue (Ilumínao de azul), como xa fixeron o ano pasado case 450 no noso país.

Comentarios