A procura de ovos agochados, coñecida como Easter Egg Hunt, é unha tradición inglesa fundamental durante a Semana Santa (Easter).
A rapazada busca ovos de chocolate escondidos en xardíns ou parques, levados polo coello de Pascua (Easter Bunny), simbolizando a nova vida, a primavera e a renovación.
Orixinalmente empregábanse ovos de galiña cocidos e decorados, que co tempo evolucionaron cara a ovos de chocolate recheos de lambetadas ou pequenos xoguetes.
O personaxe principal é Easter Bunny, figura máxica encargada de agochar os ovos para que os nenos e nenas os atopen en cestas especiais.
O alumnado das aulas Amarela, Verde e Azul despiden o trimestre cunha emocionante "gincana" pascual no colexio reproducindo esta festa e buscando ovos de chocolate agochados polas instalacións exteriores mediante a resolución de adiviñas e divertidos retos.
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario