Peche de ouro entre amigos

Como broche de ouro a un curso cheo de bos momentos, o alumnado das Aulas Amarela, Azul e Verde gozou dunha xornada de convivencia de dous días nas instalacións da escola.

Foron dúas xornadas moi especiais nas que o máis importante non foron os libros nin as tarefas académicas, senón o tempo compartido, as experiencias vividas e os vínculos fortalecidos entre mestres e  compañeiros e compañeiras.

A Praia da Posta, unha contorna única e privilexiada que baña o noso colexio, ofreceu o escenario perfecto para esta convivencia. A través de xogos e momentos de lecer, reforzáronse valores tan importantes como o respecto, a cooperación, a empatía e a amizade.

Compartir tempo fóra da aula e afastados das rutinas académicas permitiulles coñecerse mellor, crear novos recordos e fortalecer o sentimento de pertenza ao grupo.

Sen dúbida, esta experiencia quedará na memoria de todos e todas como unha vivencia enriquecedora, chea de emocións, aprendizaxes e momentos inesquecibles que poñen o mellor punto e final ao curso 25-26.

 














Comentarios