
Esta mañá, as aulas Azul e Verde desprazámonos ata Pontevedra en autobús urbano para abastecer os obradoiros de habilidades manipulativas e encadernación: pompóns, silicona, gomas do pelo, papeis decorados, pegamentos, gardanapos de papel, etc.
Aproveitamos tamén o bo día que se quedou para pasear e degustar unhas lambetadas na Praza dos Nenos.

Achegámonos, xa cara o remate da xornada, a Glu Glu Pet para mercar unhas novas especies para o noso acuario. Presentarémosvolas na vindeira entrada.




Comentarios
Publicar un comentario