O outono, coas súas cores, olores e sabores, sempre nos achega momentos para experimentar e estimular os sentidos.
O alumnado das aulas Vermella e Laranxa gozaron coas actividades desenvolvidas estas semanas:
- Recolleron follas no bosque do noso centro e transportáronnas ata o interior, onde formaron unha alfombra de follas secas. A experiencia de pisar as follas, escoitar o son ao rompelas e a ledicia de botalas polo corpo dos compañeiros/as e sobre un mesmo foi o colofón final.
- Celebramos tamén unha das festas tradicionais galegas propias desta estación, o Magosto.
- Para perfeccionar a motricidade fina e fortalecer os dedos debullaron unhas espigas de millo. Relaxáronse tanto coa actividade que deixaron só o carozo.
- Como remate, degustaron uns flocos de millo que aportaron o sabor salgado ás experiencias sensoriais desta estación.
Comentarios
Publicar un comentario