"Unha feliz viaxe pola vida"




"Unha feliz viaxe pola vida" é o lema da campaña 2022 para conmemorar o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.

Que é para ti a felicidade? Preme no enlace e accede ao video promocional:

https://youtu.be/5iq7p7tLFsc

Neste 2 abril pretenden concienciar da importancia de prestar os servicios necesarios, individualizados, específicos e especializados, para cada persoa con TEA en cada unha das etapas da súa vida, garantindo así o desfrute dunha vida feliz e de calidade. Así mesmo, reclaman as mesmas atencións e apoios para as familias, responsables e implicadas en primeira persoa, garantindo así a súa calidade de vida e benestar emocional.

Se coñecemos e comprendemos as súas necesidades poderemos facilitarlles os apoios específicos, para a súa participación activa e igualitaria na sociedade, nos seguintes ámbitos:

  • Detección e diagnóstico: valoración diagnóstica especializada con ferramentas de detección precoz e servicios de diagnóstico coordinados.
  • Atención Temperá: coidados, crecemento e desenvolvemento nas primerias fases da súa vida. Implementación dunha rede de centros especializados e coordinación dos Servizos Sociais, Educación e Saúde.
  • Educación: aprender, medrar e desenvolverse. Acceso a centros educativos especializados, nos que se flexibilice e innove a oferta educativa co obxectivo de dotalos das competencias necesarias para a vida adulta e o mundo laboral e nos que se implementen ferramentas e políticas de prevención do abuso e acoso escolar.
  • Vida adulta e envellecemento activo: autonomía, acompañamento e coidados ao longo da vida: axustando os procesos selectivos, facilitando o acceso ao mundo laboral con apoio e orientando a comunidade. Coñecer os procesos de envellecemento das persoas con TEA é imprescindible para garantizar o seu envellecemento activo e o das súas familias.

Que é para ti a felicidade? Preme no enlace e accede ao video promocional:

https://youtu.be/5iq7p7tLFsc

Baixo a campaña Light It Up Blue (Ilumínao de azul) pretenden conseguir que 450 edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo se iluminen de azul como mostra de apoio e solidariedade ás persoas con TEA e as súas familias.






Comentarios