A colleita deste curso da horta das aulas Verde e Azul foi para a asociación Acción Social Sor Elvira, de Marín, que atende na súa sede a 92 familias do concello.
En dúas ocasións fixéronlle entrega dos produtos cultivados por estes rapaces e rapazas, nunha pequena parcela situada na patio do colexio, a Julio e Ibrahim, presidente e voluntario da ONG.
Dende o mes de outubro preparan o terreo e coidan cada semana das leitugas, acelgas, alloporros, patacas, remolachas, cebolas, das árbores froiteiras e das plantas aromáticas e flores de tempada.
Felices compartindo!
Comentarios
Publicar un comentario