Benvidos e benvidas a un novo curso!
Xa estamos todos no centro para compartir experiencias, adquirir aprendizaxes e coleccionar momentos para o recordo.
Nos vindeiros meses estaremos atentos ao que nos rodea, para desfrutar, protexer e axudarnos.
Escoitaremos o noso corazón e tamén o dos demais para unha convivencia sa e agradable.
Escoitaremos, sentiremos, compartiremos e transformaremos. Acompáñasnos?
Feliz comezo!
Comentarios
Publicar un comentario