Cada entroido, único e especial, é unha festa tradicional nas que pequenos e maiores nos convertemos durante unhas horas noutras persoas, bonecos, obxectos, e por qué non, tamén en seres mitolóxicos galegos.
Este 9 de febreiro desfilaron polo centro bruxas, meigas, trasnos, sereas, homes mariños, teucros, lobishomes, apalpadores, nubeiros, magos, meigas, mouras, homes do saco e mesmo a Santa Compaña!, cun mesmo obxectivo, divertirse e facer das súas.
Deixámosvos unhas fotos de diferentes momentos compartidos:
Comentarios
Publicar un comentario