Para despedir o mes de maio viaxamos gastronómicamente ata América para facer unha das súas receitas máis coñecidas e sinxelas: as tortiñas.
Para facelas necesitades:
- 300 g. de fariña
- 24 g. de lévedo en po
- 50 g. de azucre
- uns grans de sal
- 4 ovos
- 100 g. de manteiga
- esencia de vainilla
- 400 ml de leite
Comezamos mesturando os ingredientes secos: a fariña, o lévedo, o azucre e o sal.
Noutro bol mesturamos os ovos coa manteiga e a vainilla.
Xuntamos as dúas mesturas e vertemos o leite.
Quentamos unha prancha ou tixola e vertemos unha cullerada de masa. Cando empecen as burbullas dámoslle a volta e deixamos cociñar uns segundos.
Decoramos ao gusto: nesta ocasión nós empregamos xarope de chocolate e fíos de azucre.
Xa podedes almorzar con esta receita tan saborosa!
Comentarios
Publicar un comentario