Amor polos libros

Na semana adicada aos libros, o alumnado da aula Azul desenvolveu diferentes actividades co obxectivo de promover o amor e o pracer da lectura e espertar o interese por diferentes obras escritas. 

  • Visitaron unha libraría en Marín, onde follearon diversos exemplares e se percataron das diferencias en canto a tamaño, encadernación, material de fabricación, tipo de páxina ou  idade dos destinatarios/as. Ademais, mercaron dous exemplares para  enriquecer a biblioteca da aula.





  • Deseñaron o seu propio marcapáxinas. Esta vez en madeira e empregando rotuladores de pintura.








  • Presentaron aos seus compañeiros/as o seu libro favorito e fixeron un debuxo dunha escena da historia.








  • Recordaron vocabulario relacionado cos libros e elaboraron un mini caderno, coa técnica da papiroflexia, onde rexistraron todas as palabras aprendidas.







  • Visitaron o mercado solidario de libros de segunda man organizado pola ANPA do centro, coa que colaboraron aportando algunhas obras.



Pon un libro na túa vida!








Comentarios