Os rapaces e rapazas da aula Azul desprázanse ata Marín en autobús público como unha actividade máis dentro do proxecto de Transición á Vida Adulta.
Na súa visita á libraría Nobel e á cafetería Adevesa, traballan as habilidades sociais cando solicitan e se interesen por uns produtos determinados e o manexo dos cartos cando abonan as súas compras e consumicións.
Recordan tamén o comportamento apropiado cando empregan o transporte público e, nesta ocasión, o uso da tarxeta de transporte "Xente Nova".
Gozaron tamén do descanso e da merenda na alameda e no parque da localidade.
Agradecemos a cordialidade dos traballadores dos dous establecementos comerciais visitados e dos condutores de Monbus.
Comentarios
Publicar un comentario