Tempo de colleita

Para finalizar as tarefas na horta, o alumnado da aula Azul recolle a produción ilusionado ao comprobar os bos resultados do seu traballo no terreo. 

Durante moitos meses, adican varias sesións mensuais a cultivar na súa pequena horta produtos de tempada (patacas, allo porros, cebolas, allos, leitugas, remolachas e limóns) que comparten entusiasmados con Julio, presidente da Asociación Acción Social Sor Elvira (Marín), quen, dende o seu pequeno local, achegará os alimentos aos veciños/as da zona.

Sen dúbida, unha gran recompensa que pon un broche dourado as súas aprendizaxes.




























Comentarios