![]() |
| Elena C. S. |
Cada 3 de decembro celébrase, dende 1992, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade para reflexionar sobre a diversidade, a inclusión e o compromiso colectivo cunha sociedade máis accesible e xusta.
A campaña deste ano leva por lema "Nada nuestro sin nosotras", co obxectivo de reclamar e fomentar o protagonismo das persoas con discapacidade na toma de decisións que afecten a súa vida, aos seus dereitos e a súa participación social.
As persoas con discapacidade conforman un grupo diverso, con capacidades e necesidades ben distintas, pero todas elas se atopan con multitude de barreiras arquitectónicas, dixitais, comunicativas, educativas e sociais.
Eliminalas é un compromiso ético e social e por esta razón, as persoas con discapcidade reclaman no seu día:
- "Participar activamente nas políticas públicas e nas decisións que afectan a súa vida".
- "Garantir a accesibilidade universal, dende a educación ata a cultura, o traballo e a tecnoloxía".
- "Promover a autonomía persoal, asegurando o acceso a produtos de apoio, servizos especializados e recursos formativos".
- "Aumentar a concienciación social, para construir comunidades respetuosas, informadas e abertas á diversidade".
- "Avanzar cara un modelo inclusivo, onde as persoas con discapacidade non sexan espectadoras, senón axentes de cambio.


Comentarios
Publicar un comentario