O 17 de maio é un día sinalado en Galicia ao celebrar o día das nosas Letras, do noso Idioma, o Galego. Cada ano recórdase a un escritor ilustre que loitoi e defendeu o galego cos seus escritos e traballos. Este 2019 é Antonio Fraguas Fraguas, veciño de Cotobade, o homenaxeado.
No colexio levamos a cabo distintas actividades para conmemorar esta data:
- Traballos na aula e na sá de informática para coñecer a súa vida e obra.
- Visita á exposición organizada polo Equipo de Normalización Lingüística na sá de visitas onde atopamos ferramentas dos traballos tradicionais galegos, fotografías de comidas e doces típicos, costrucións, traxes rexionais, instrumentos ou obxectos propios de Galicia.
- Acto conmemorativo no salón de actos: recordamos o máis destacado da súa biografia nunha presentación, escoitamos poemas de escritores galegos recitados polos alumnos/as de 4º ESO, desfrutamos da muiñeira gracias a Naila, Carlos e Ana e rematamos cantando o himno galego.

Comentarios
Publicar un comentario