Chega setembro e, con el, a volta ao cole!
As aulas énchense de alumnos e alumnas, uns veteranos e outros novos, estreamos uniforme, compramos cadernos e lapis de cores, e metemos na mochila moitas ganas de aprender e de desfrutar na escola cos mestres e cos compañeiros/as.
Non todos chegamos nas mesmas condicións: nervos, ilusión ou cansazo determinan o comezo de curso pero todos compartimos un mesmo desexo: bos momentos e liberdade para amar e soñar.
Como xa sabedes, podedes visitar este blogue e adentrarvos por uns intres nas aulas de cores.
Gracias unha vez máis por acompañarnos!
Benvidos e feliz curso 2019-2020.
Comentarios
Publicar un comentario