
Esta semana, máis curta do habitual, celebramos no colexio o Samaín cun concurso - exposición de cabazas decoradas e naturais organizado polo Equipo de Normalización Lingüística.
As aulas de cores non podiamos faltar a cita e ata o salón de visitas nos achegamos para disfrutar de marabillosos exemplares.











Nas aulas traballamos co vocabulario propio desta tempada, completamos fichas e realizamos actividades apoiados co ordenador na aula de informática.
En Transición á Vida Adulta (TVA) cociñamos biscoito de cabaza e laranxa e cóctel de bruxas.
Deixámosvos as recetas e unhas fotos que resumen o proceso.
Ingredentes:
- 120 g cabaza
- 90 g azucre
- 160 g fariña
- 7 g levadura en pó
- 2 ovos
- 50 ml zume de laranxa
- 70 ml aceite xirasol
Preparación:
Cortamos en pedazos a cabaza e cocémola uns 15 minutos.
Escurrímola ben e mezclámola co azucre.
Batemos os ovos e incorporámolos á mistura.
Facemos o zume de laranxa, relamos outra laranxa e engadímolo xunto co aceite.
Tamizamos a fariña e a levadura e mezclamos todo moi ben.
Vertemos nun molde e espolvoreamos con azucre.
Metemos no forno xa quente 25-30 minutos a 180º.

CÓCTEL DAS BRUXAS:
Precisamos:
- 3 kiwis
- 6 follas de menta
- 75 g azucre
- 375 ml de auga
Elaboración:
Poñemos nun cazo 75 ml de auga co azucre e esperamos ata que ferva, removendo de cando en vez. deixamos arrefriar.
Pelamos e cortamos en pedazos os kiwis.
Poñemos no vaso da batidora a menta, os kiwis e o almíbar atemperado. Trituramos.
Vertermos nunha xarra e engadimos 250 ml de auga.
Podemos engadirlle xeo ou metelo na naveira.
Xa temos listo o noso menú. Só queda probalo.
BO SAMAÍN!!
Comentarios
Publicar un comentario