Podo aprender, podo traballar. Día Mundial do Autismo


Hoxe é 2 de abril e, como cada ano nesta data, conmemórase o Día Mundial do Autismo. 
Nesta ocasión o lema da campaña promovida dende Autismo Europa en coordinación con Autismo España é "Podo aprender. Podo traballar". Persegue o obxectivo de visibilizar a realidade deste colectivo, así como as súas capacidades, necesidades e prioridades nun acceso igualitario á educación e a un empleo de calidade.  


Esta efeméride vense celebrando dende 2007, ano no que se instaurou pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para demandar unha mellora da calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e promover a súa inclusión en todos os ámbitos sociais.

Explicámosvos agora algúns dos logos e imaxes que se empregan na concienciación do TEA:






A cor azul representa a maoir incidencia de casos no sexo masculino.






O crebacabezas reflexa a complexidade do autismo, que xa se define como un continuo con diferentes graos (espectro).





O lazo amósamos a diversidade de persoas e familias que conviven co autismo. O uso de cores fortes representa a esperanza en relación aos tratamentos e a concienciación da sociedade en xeral.






Tamén son habituais a combinación destes:



Invítámosvos a disfrutar destes dous vídeos :

❤️ El viaje de María, co que Miguel Gallardo, pai de María, pretende difundir e concienciar do autimo á sociedade. Deste corto di "es una pequeña excursión al mundo interior de una adolescente con autismo. Un viaje lleno de color, amor, creatividad y originalidad".  


❤️Academia de especialistas, un magnífico vídeo para entender o autismo de mans, novamente, de Miguel Gallardo: "es una pequeña historia para que todos nos sintamos orgullosos de nuestros hijos por pequeña o aparentemente inútil que sea su habilidad a los ojos de la sociedad".


Como ano ano, as Aulas de Cores e o persoal de Educación Especial unímonos á celebración. Esta vez dende a nosas casas pero co mesmo sentimento. Sacamos unha fotografía cunha ferramenta ou obxecto que nos define: porque todos somos diferentes e iguais en dereitos. 
Querémolas compartir con todos vós e agradecervos dende aquí o voso apoio e colaboración aportando as vosas instantáneas na campaña promovida dende o colexio, como podedes ver nas redes sociais. 













Propoñémosvos tamén que ás 21h. saiades aos balcóns e ventás e iluminedes a vosa rúa coas luces dos teléfonos ou lanternas. Esta é unha adaptación, en tempos de confinamento, da campaña LightItUpBlue (LIUB) promovida dende Autismo Europa e apoiada pola Confederación Autismo España.
LIUB  consiste en iluminar edificios e monumentos públicos de azul para facer máis visible a celebración.


Comentarios

  1. GRACIAS A VOSOTR@S!!!
    Por estar siempre ahí, cuando las cosas van bien y menos bien y por preocuparos ahora desde la distancia para no sentirnos tan lejos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario