Marzo de chuvias cargado, enche de herba o sementado

Foron moitas as tarefas que realizamos na horta neste mes de marzo. O bo tempo e as chuvias fixeron o seu traballo e facilitaron o crecemento das nosas plantas e, como non, tamén das malas herbas.

Plantamos cebolas e bulbos de narcisos, xacintos e tulipáns, quitamos as malas herbas, preparamos un composteiro para recoller os refugallos orgánicos das nosas merendas e das sobremesas do comedor dos pequenos, regamos e fixemos sementerios de cogombros, leitugas, pementos, acelgas, remolachas, ravos e semprevivas.

Neste vídeo podedes ver un resumo do realizado nas diferentes xornadas.

Continuamos traballando!

Comentarios