A flora da contorna

Co título "A flora da contorna" participamos no Eco - reto do mes de novembro, #RetoInvestigamos, dentro da inicativa polo 25 aniversario do programa Voz Natura, do xornal A Voz de Galicia.

Tomando como referencia o outono, aproveitamos os paseos para fotografar espazos e vexetación propia da estación, desfrutando do aire limpio e puro, das cores e dos olores que inundan as paisaxes nesta época do ano.

Recollemos exemplares coñecidos e aprendimos sobre outros, completando así unha boa aprendizaxe. 

Para ampliar os nosos coñecementos sobre os cogomelos que medran nos nosos bosques escoitamos ao mestre Pablo Carro, que nos axudou a identificalos e nos contou moitas curiosidades e receitas. 


























No seguinte vídeo deixámosvos unha recompilación das fotos máis fermosas.


Comentarios