As pantasmas buscan casa neste Samaín

Os alumnos e alumnas das aulas Verde e Azul fixemos unha adaptación do libro "Los fantasmas buscan casa", de Rocío Antón, Lola Núñez e Claudia Ranucci (Editorial Edelvives). 

Trátase dun conto para traballar o respecto, os valores e as diferenzas. Para dar a coñecer  o medo como sentimento de inquietude real ou imaxinaria dun perigo e reflexionar sobre él.

Buscamos no dicionario as palabras decoñecidas, investigamos sobre árbores e tipos de madeira, calidades e características e achamos verbos estraños.

Traballamos xuntos e arreo para ilustralo mentres o Samaín chamaba á porta.

Comentarios