Desfrutamos na aula sensorial!

 

Os alumnos e alumnas das aulas Vermella e Laranxa desfrutamos unha vez máis da aula sensorial.

Este espazo multisensorial é un lugar preparado para que o alumnado poida interactuar coa contorna mediante a estimulación dos sentidos, que se traballan de forma diferente con recursos e elementos sensorias para oír, tocar, ulir, ver, saborear, sentir ou imaxinar.

Desta forma adquiren unha serie de aprendizaxes a través da experimentación,  a exploración e o descubrimento deselvolvendo as súas habilidades sociais e cognitivas.








Comentarios