Apostamos polo amor e a amizade!

Durante toda esta semana, o alumnado da aula Azul levamos a cabo diferentes actividades con motivo do día de San Valentín, o anxo do amor e da amizade.

Contámosvos algunhas delas:

Sen dúbida, a máis emotiva de todas elas foi coñecer e compartir a historia de amor dos nosos avós e avoas. Sorprendéronnos os tempos de noivado, os lugares onde se coñeceron, as cores dos seus traxes e as maneiras de festexar unha data tan sinalada como é o día da súa voda. Este é a nosa agarimosa homenaxe a María e Pepe,  Mª Teresa e Aquilino, Selerina e Ernesto,  Teresa e Ramón, Pilar e Pepe, Mercedes e Ramiro, Mª Carmen e Eladio e Isabel e Ángel.  








Decoramos a porta da aula cuns corazóns cheos de palabras que nos recordan o amor.






Preparamos unhas tarxetas para agasallar aos nosos amigos da aula Verde e endulzámolos cunha lambetada.

















Completamos o rosco do amor aportando palabras que se relacionan con este sentimento.

Agasallamos as nosas familias cun chaveiros realizados no obradoiro con contas de cores e panos de papel.




Comentarios