Mañá de compras!

Esta mañá de venres o alumnado das aulas Verde e Azul desprazouse camiñando ata o supermercado Bikoka, en Estribela,  para facer unha pequena compra, actividade dentro do proxecto de Transición á Vida Adulta.

Coma noutras ocasións, a atención por parte de Toño e o persoal da tenda foi excelente. Puxeron en práctica o traballado na aula e o manexo dos cartos.























Comentarios