Adeus verán, benvido outono!

O calendario marca o día 23 de setembro para a chegada do outono e os alumnos e alumnas das aulas Verde e Azul achéganse ata a praia da Posta para recibilo e despedir o verán cunha actividade compartida.

Despois de conversar sobre o verán, pisar a area quente e refrescar os pés na auga, pican globos de cores para descubrir os agasallos que nos traerá a nova estación.

Deixámosvos un video da xornada.

Comentarios