Feliz día Mater!

Cada 20 de outubro celebramos, nos colexios Sagrado Corazón, a festividade de Mater, a nosa Virxe. Acompáñanos nas aulas e en cada recuncho do centro pero tamén está presente noutros lugares significativos como son a planta da ESO e no lateral da nosa capela.

Recordamos a historia, visitamos a súa escultura e pintura, centrámonos nos seus símbolos e significados, cantámoslle cancións, decoramos un cadro e coloreamos unha mandala chea de azucenas.

Mostrámosvos algunas fotografías da xornada:






































Comentarios