Viaxe a Compostela

Este 7 de novembro os alumnos/as da aula Verde e 2º ESO viaxaron ata Santiago de Compostela. Desfrutaron da obra teatral "Curva España", de Chévere, no Auditorio de Galicia. Ao seu remate entraron no pazo de Xelmírez e, despois de subir moitos chanzos, chegaron ás cubertas , visitaron os tellados e gozaron de preto das torres da catedral, da praza do Obradoiro e das vistas da cidade.

Para rematar pasearon polo claustro do pazo e contemplaron a colección permanente do museo da catedral.

Despedíronse da capital despois de conversar co alcalde da cidade Xosé Antonio Sánchez Bugallo.










Comentarios