"Baixo o mesmo paraugas"

Dende 1982 celébrase cada 3 de decembro o Día  Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover o seu benestar e os seus dereitos en todos os ámbitos sociais e concienciar sobre a súa situación nos diferentes aspectos da vida. 

Neste 2022 presentan como lema "Solucións transformadoras para un desenvolvemento inclusivo: o papel da innovación para impulsar un mundo accesible e equitativo".

Para visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero cos mesmos desexos e ilusións, dende FEAFES Galicia (Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental) invítannos a participar na campaña "Baixo o mesmo paraugas", lucindo paraugas de cores en cada acto conmemorativo nas principais cidades galegas. 

O alumnado e profesorado do noso colexio adianta a celebración e únese a esta iniciativa no patio. Velaquí algunhas imaxes:














  




Comentarios