Contigo... busco a Paz!

O  30 de xaneiro festexamos nas escolas o Día da Non Violencia e da Paz co obxectivo de promover unha cultura de tolerancia, solidaridade, concordia e respecto. 



Toda a comunidade educativa participamos, no exterior, no acto da Paz. Escoitamos cancións, lemos un  manifesto, sinalamos nun mapa do mundo algúns dos lugares que están a día de hoxe en conflicto e enchemos a mochila que nos acompañará nos próximos meses na nosa viaxe como defensores da paz e do entendemento entre as persoas. 

Xa nas aulas desenvolvemos diferentes actividades durante a semana: pintamos a mochila da paz, recordamos símbolos coma a pomba e a oliveira,  traballamos sobre os materiais escolares outorgándolle un significado non violento,  escoitamos cancións, investigamos a biografía de persoas  nomeadas co Premio Nobel, lemos noticias sobre a guerra de Ucraína,  completamos fichas interactivas e representamos co corpo e coas mans mandalas de paz.


























































Comentarios