Ler é soñar cos ollos abertos

As aulas de cores adicámoslle unha semana a traballar conceptos relacionados cos libros porque son fundamentais para o noso desenvolvemento.

Levamos a cabo moitas actividades coma por exemplo,  a lectura continuada do Quixote, o deseño dun marcapáxinas,  a reflexión sobre frases de obras mestras, o recordo da figura de Miguel de Cervantes e William Shakespeare, a  lectura de noticias sobre o día, unha sesión de contacontos polos compañeiros e compañeiras de 6º EP, o coloreado de personaxes de contos, recuperamos os contos da nosa infancia, participamos na decoración dos corredores con frases motivadoras cara a lectura, compartimos cos compañeiros e compañeiras os nosos libros favoritos. etc.




























Comentarios